Filtrar
Provincia
Reiniciar
Categorías
Reiniciar
Etiqueta
Reiniciar
Localización
Reiniciar

FESTA DA PATACA DE CORISTANCO

Festa de Interese Turístico de Galicia

0 0 votos
A Coruña, Coristanco
00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg

19Setembro2026

20Setembro2026

00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg
19Setembro2026
20Setembro2026
Localidade

Programa 2026

HISTORIA DA FESTA DA PATACA

Se nunca probaches a Pataca de Coristanco esta é a mellor ocasión, unha festa gastronómica diferente coa raíña da horta da zona como protagonista, a Pataca.

Cando se celebra a Festa da Pataca de Coristanco?

A Festa da Pataca celébrase cada ano o terceiro domingo de setembro desde o ano 1980. Está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e foi unha das primeiras festas gastronómicas que se celebraron na comunidade galega.

A festa é unha manifestación cultural e social que pon en valor a vida rural da zona e o traballo agrícola arredor do cultivo da Pataca.

Durante toda a fin de semana desfrútase e degústase á raíña da festa, a Pataca de Coristanco.

Celébranse concursos gastronómicos, diferentes showcookings, rutas de petiscos, esculturas de pataca, exposicións variadas, concertos, actividades infantís…

Que é o que non te podes perder na Festa da Pataca?

Un dos maiores atractivos turísticos son as figuras ou esculturas feitas con pataca. Non cho podes perder! Son verdadeiramente espectaculares e inxeniosas.

Outro imprescindible é a Empanada de Pataca de Coristanco, unha auténtica delicia! Podes degustala entre diferentes propostas gastronómicas todas coa Pataca como ingrediente principal.

O sábado pola noite celébrase a Sardiñada Popular na praza de Coristanco.

A xornada do domingo comeza cunha concentración e desfile de tractores engalanados. Outra das actividades destacadas da fin de semana.

Se queres vivir unha festa gastronómica diferente, vén á Festa da Pataca de Coristanco!

A FESTA DA PATACA EN IMAXES

CARTEIS

Tempo para hoxe

Coristanco

Lluvia moderada
12°C
Lluvia moderada

Localización do evento

Teléfonos de interese

Concello: +34 981 73 30 01 

Policía Local: +34 981 73 30 01 

Policía: 092

Centro de Saúde Coristanco: +34 981 73 43 01

Urxencias: 061       

Taxi: +34 981 73 30 53   

Farmacia: +34 981 73 43 34  

Cóntanos a túa opinión sobre este evento

0 0 votos
Valoración
0 Comentarios
Más antigos
Más recentes Más votados

Outras festas de Galicia que che poden gustar!

Se che gustan as Festas, es FESTIGALEIRO!

Rexístrate en Festigaleiros e crea a túa propia AXENDA FESTIGALEIRA.
Agrega os eventos á túa lista de favoritos e mantente informade@ en todo momento!

Este campo é para fins de validación e debe quedar sen cambiar.
Nombre(Obrigatorio)
Xénero
Indicador de fortaleza
Que tipo de festas interésanche?(Obrigatorio)
Que provincias interésanche?(Obrigatorio)