CONCURSO DE TAPAS DE LUGO
Como di o famoso dito popular, E PARA COMER… LUGO.
Do 6 ao 22 de novembro, Lugo convértese no epicentro do sabor cunha nova edición do agardado Concurso de Tapas de Lugo, unha cita gastronómica que cada ano conquista a veciños, veciñas e visitantes.
Durante estas datas, os locais participantes ofrecen as súas mellores creacións culinarias en formato TAPA, convidando a todas as persoas a degustalas e a converterse en xurado popular.
Para votar, será necesario cubrir un cupón de votación individual, que deberá estar selado polos establecementos nos que se degusten as tapas. Cada proposta poderá puntuarse do un ao cinco, tendo en conta aspectos como o sabor, a presentación ou a orixinalidade. Ademais, todas as persoas que participen entrarán automaticamente no sorteo de diferentes premios, con recompensas que varían segundo o número de locais puntuados.
As tapas mellor valoradas polo público clasificaranse como finalistas, pasando a unha segunda fase na que un xurado técnico profesional será o encargado de elixir a Mellor Tapa do Concurso de Tapas de Lugo.
Esta cata profesional celebrarase os días 27, 28 e 29 de novembro, poñendo o broche final a un evento que une tradición, creatividade e o mellor ambiente gastronómico.
¡Lugo sabe a tapa!
Sen dúbida, este é un dos nosos eventos gastronómicos recomendados! E visitar a fermosa cidade de Lugo sempre é un planazo!


















