FESTIGALEIROS é o escaparate dixital de
<strong>Festivais, Feiras e Festas de Galicia</strong>

Atopa de forma fácil e gratuíta plans de lecer en Galicia os 365 días do ano

O soño FESTIGALEIROS, o corazón que latexa tras el

Ola, son Vanesa Rivas e vou contarche un segredo… O meu soño é compartir con todo o mundo a cultura popular de Galicia.

Desde pequena gustábame a fotografía. Cando tiña 12 anos, o meu avó, que sempre documentaba cos seus cámara os eventos familiares, pasoume o relevo de fotógrafa da familia. «Ti cadrás ben -díxome- así que hoxe fai ti a foto». Desde ese momento xa non puiden parar.

Cando empecei a viaxar dediqueime a documentar a cultura popular. Vibraba cando sacaba fotos nas festas populares, feiras e mercados, e falaba con feirantes e artesáns. Saboreaba os produtos tradicionais galegos, escoitaba lendas, descubría lugares e tradicións.

Encantábame contar historias a través de imaxes. E non quería gardalo só para min! Así que en decembro de 2019 deille nome a aquilo que tanto roldaba no meu cabeciña: FESTIGALEIROS.

Non había volta atrás. O proxecto latexaba forte e en abril de 2020 presentei á miña criatura en redes sociais. Sentín que tiña que facelo, ofrecer un sopro de aire fresco #ante o nuboeiro no que nos mergullou a pandemia.

A traca final chegou en decembro de 2020 cando, tras meses de traballo cun gran equipo de profesionais que creu no proxecto, publicamos a web. Agora si, estaba cada vez máis preto de cumprir o meu soño: crear a Tribo Festigaleiros, tan apaixonados como eu pola cultura popular galega.

FESTIGALEIROS é un dos grandes agasallos da miña vida e quero compartilo contigo, contigo e contigo…

Porque sinto que todos #SomosFestigaleiros.

Que é<strong> Festigaleiros</strong>?

O noso desexo é ser moito máis que o mellor directorio de plans de lecer e festas en Galicia.

Queremos que teñas un lugar onde ser parte de algo, onde poidas sentir a cultura popular galega. E ese lugar é Festigaleiros, a plataforma dixital onde atopar de maneira fácil, áxil e completa información actualizada e veraz sobre Mercados, Feiras, Festivais e Festas en Galicia.

Grazas ao buscador poderás atopar de forma sinxela eventos segundo as túas preferencias, clasificados por categorías, datas e zonas. Tamén poderás consultar a ficha de cada evento e coñecer a súa historia a través de textos, imaxes e vídeos, así como atopar datos de interese (datas, localización, ligazóns, organizador, recomendacións, cartel, programa…) e engadir ese evento aos teus favoritos, compartilo cos teus amigos ou engadilo ao teu calendario. Así non se che escapará nada.

Queremos que ti, os teus amigos e a túa familia descubrades Galicia e gocedes de…

Por que e para que nace <strong>Festigaleiros</strong>?

Vimos que non existía ningunha plataforma que integrase toda a información de mercados, lugares, Feiras, Festivais e Festas de Galicia de forma completa, actualizada, xeolocalizada e, ademais, personalizada. Unha comunidade na que poder ter un usuario, buscar segundo as túas preferencias, gardar as túas festas favoritas e estar informado das novidades. Festigaleiros era unha necesidade, así que a creamos!

FESTIGALEIROS nace para que cada vez máis persoas coñezan e conecten coa cultura popular galega, mostrando e convidando a descubrir o patrimonio inmaterial galego a través das súas festas, tradicións, lendas, artesanía…

Festas

Descobre as festas galegas máis riquiñas e volve rir, bailar, cantar, sentir

Feiras populares

Planifica a túa axenda Festigaleira con mercados, mercadillos e feirones

Lugares

Localiza os lugares máxicos de Galicia e empápache da súa historia e lendas

Kids

Consulta os eventos e festas galegas que máis molan para gozar en familia

Se che gustan as Festas, es FESTIGALEIRO!

Rexístrate en Festigaleiros e crea a túa propia AXENDA FESTIGALEIRA.
Agrega os eventos á túa lista de favoritos e mantente informade@ en todo momento!

Nombre(Obrigatorio)
Xénero
Indicador de fortaleza
Que tipo de festas interésanche?(Obrigatorio)
Que provincias interésanche?(Obrigatorio)
Este campo é para fins de validación e debe quedar sen cambiar.