FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA

FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA

Festa de Interese Turístico de Galicia

HISTORIA FESTA DO QUEIXO

Había unha vez un queixo tan extraordinario que tiña 4 nomes:  Queixo de Arzúa-Ulloa,  queixo da  nabiza,  queixo  do tempo dous  nabos e  queixo  do ano. O primeiro nome pola zona de onde procede, o segundo e terceiro pola época do ano en que se dan esas hortalizas e o cuarto porque outrora gardábase dun ano para outro.

Durante séculos o queixo de Arzúa-Ulloa elaborouse de forma artesanal, pero xa nos anos 80 modernizouse o sector e introducíronse na comarca de Arzúa procesos industriais. 

En 1989 logrou a denominación de Produto Galego de Calidade e en 1995 a Denominación de Orixe Protexida (DOP)

Había unha vez un queixo tan rico e tan apreciado polos galegos que en 1976 en Arzúa crearon unha festa na súa honra, e se celebra a primeira fin de semana de Marzo.

Leer más

Como é e como se elabora o queixo DOP Arzúa-Ulloa?

O queixo Arzúa-Ulloa sabe a gloria. Un queixo suave que se desfai na boca, ideal para cociñar os teus pratos favoritos. 

É  untuoso e elabórase con leite de vaca, natural e enteira, crúa ou pasteurizada, que procede das razas loura galega, frisoa, pardo-alpina e as súas cruces. Tamén existe unha variante Arzúa-Ulloa curada, pero é menos coñecida. O seu proceso de fabricación é:  coagulación, corte e lavado da callada, moldeado,  prensado, salgado e maduración. 

A zona de produción abarca unha área queixeira común, de gran tradición enmarcada entre as dúas beiras do río Ulla (provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra).

Por que non che podes perder a Festa do Queixo de Arzúa?

Se aínda non o probaches ou se es un amante do queixo, tes que vir si ou si. Un queixo moi apreciado por grandes chefs, que falan del como un tesouro nacional.

Que máis che vas a atopar na Festa do Queixo de Arzúa?

QUEIXO. Case 60 expositores no Recinto Feiral Terra do Queixo. Produtores locais, elaboración artesanal, ecolóxica… Encontros de  queixeiras, catas comentadas, receitas, degustación… Tamén atoparás outras denominacións de orixe galegas (Tetilla, O Cebreiro e San Simón da Costa) e apreciados queixos de España e Europa.

GASTRONOMÍA. Concurso de tapas. Produtos típicos tradicionais de Galicia, artigos  gourmet para degustar e comprar. Que non falte a sesión vermú!

MÚSICA. Chegou o momento de bailar. No Festival do Queixo poderás gozar de dous días de concertos gratuítos baixo carpa: folk, pop, rock, urbana… Tamén da Banda Municipal de Arzúa.

CULTURA. Entrega de premios literarios, concurso de escritura e de carteis,  e animación nas rúas con gaitas, xigantes e cabezudos.

TALLERES INFANTÍS.  Pequequeixo: espectáculo musical que encantará os rapaces e rapazas.

Ven á feira para os amantes do queixo! E proba o queixo que gusta a tod@s, só, acompañado ou cociñado.

Arzúa, o único lugar do mundo onde #queixear

CONCERTOS FESTIVAL DO QUEIXO 2024

A FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA EN IMAXES

Deixa un comentario
Información do Evento