HISTORIA DA GRAN PULPADA
“A Gran Pulpada en Rus” é un evento gastronómico que se realiza durante as festas en honra a Santa Eufemia e San Mateo. É unha celebración ao grande na que o polbo será o mellor acompañante para estas festas.
Que bonito é ver como os veciños reúnense para comer este produto tan noso mentres comparten historias e experiencias, creando novas mentres se xuntan nesta pulpada na que non faltará de nada pois tendo polbo, bebida, música e boa compañía… que máis se pode pedir!
A Gran Pulpada en Rus é a túa oportunidade de coñecer Galicia desde dentro, formando parte dos seus costumes e coñecendo á súa xente, participando nun planazo como este quedarás con ganas de volver para a próxima!


















