Programa da XXXIII Festa do Percebe do Roncudo 2026
A XXXIII Festa do Percebe do Roncudo de Corme celebrarase o sábado 19 de xullo no municipio de Ponteceso, cunha xornada chea de gastronomía, música e actividades para todas as idades.
A programación comezará ás 12:00 horas coa misa na honra dos percebeiros e mariñeiros, acompañada pola actuación da Banda de Gaitas dos Petafortes. Á mesma hora dará comezo a cocción do percebe e a venda dos tickets para a degustación.
Ás 13:30 horas terá lugar a inauguración oficial da festa e a lectura do pregón. A continuación celebrarase a tradicional sesión vermú e dará comezo a esperada degustación de percebe, ademais de polbo, churrasco, empanada, pan e viño. A sobremesa estará amenizada pola actuación do grupo Tren da Unha, prevista para as 15:00 horas.
A festa continuará pola tarde co estreo do Festival Ouro Negro, que comezará ás 19:00 horas e ofrecerá máis de 16 horas de música repartidas entre dous escenarios móbiles, coa participación de dous artistas internacionais e algúns dos DJs máis destacados de Galicia: DJ Tank, Pawly, Groove Amigos, Tuxiro, Toni Seijas, Drew Korme, Dmiron, Rokiño e Riskero.
Ademais, a organización porá á disposición dos asistentes gardería e inchables gratuítos para os máis pequenos, así como aparcadoiros gratuítos e un servizo oficial de autobuses da Festa do Percebe, con saídas desde distintos puntos de Galicia.
Agardámoste en Corme!




















