Filtrar
Provincia
Reiniciar
Categorías
Reiniciar
Etiqueta
Reiniciar
Localización
Reiniciar

FEIRA DO BUTELO DA FONSAGRADA

Festa de Interese Turístico de Galicia

0 0 votos
Lugo, A Fonsagrada
00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg

07Febreiro2026

08Febreiro2026

00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg
07Febreiro2026
08Febreiro2026
Localidade
HISTORIA DA FEIRA DO BUTELO

O Butelo de A Fonsagrada ten a súa orixe no labor de conservar a carne de porco tras a matanza.

A Feira do Butelo da Fonsagrada nace en 1998 co reto de dar a coñecer o Butelo, un produto estrela na Fonsagrada e que tanto gusta a quen o proba.

No ano 2018 a Feira é declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Como se elabora o Butelo?

O Butelo elabórase con carne de porco de gran calidade e de forma tradicional e natural, sen colorantes nin conservantes.

Os seus únicos ingredientes son: costela e outras partes do porco, sal, allo e pemento doce e picante. Adóbase a carne, embútese dentro do estómago ou tripa grosa do porco e cósese a man.

A curación é outra das claves, tanto por ser na alta montaña de Lugo (900 metros de altitude), como porque se afuma con leña de carballo, o que lle dá ao Butelo un sabor excepcional e o alcume: O Rei da Montaña.

Por que non te podes perder esta Feira?

A feira do Butelo da Fonsagrada celébrase a semana anterior ao Entroido polo que é unha gran ocasión para mercar todos os ingredientes necesarios para desfrutar dun rico cocido galego nesas datas.

Ademais do Butelo, na feira pódese adquirir chourizo, touciño, cachucha, espinazo e calquera tipo de salgadura de porco, e na carpa, atoparemos  produtos gastronómicos de Galicia de proximidade como verduras, hortalizas, pan, queixo, mel e sobremesas típicos do entroido galego como son as orellas e as filloas que poderás acompañar con viño da Ribeira Sacra ou cervexa artesá de A Fonsagrada.

Que máis vas a atopar na Feira do Butelo da Fonsagrada? 

Pois como en toda boa Festa ou Feira Galega gozarase da mellor  música en vivo coas Orquestras e Bandas tradicionais da zona.

Tamén poderemos desfrutar dos bailes tradicionais a cargo da Asociación Antaruxas e Sorteiros de A Fonsagrada, descubrir os oficios e artesanía galega, e asistir á Gala de entrega do Premio Butelo de Ouro.

Que facer na Fonsagrada para aproveitar eses días?

Plans que podes facer tanto se vas só, coa túa familia ou con amigos.

Visita o Museo etnográfico de A Fonsagrada e descubre a vida na aldea, instrumentos musicais caseiros e oficios tradicionais (zoqueiros, carpinteiros, ferreiros, tecedores, cesteiros…).

Se che gusta camiñar, o roteiro de Seimeira de Vilagocende, de seguro e un plan perfecto! Sabías que é a segunda fervenza máis grande de Galicia, cunha caída libre de 54 metros. Espectacular!

Os Festigaleiros KIDS tamén gozarán como ananos…

Onde aloxarse na Fonsagrada? 

Distintas opcións para distintos petos: hoteis, apartamentos, pensións, cámping… ata unha vila. Que ningún Festigaleiro quede sen gozar da Feira do butelo da Fonsagrada! 

Onde comer e que comer na Fonsagrada?

En todos os restaurantes da Fonsagrada poderás saborear o butelo cos seus chourizos, grelos e patacas cocidas.

E de sobremesa… unha bomba: o Pastel da Fonsagrada.

Non che contamos máis… tes que vir ti, coa túa familia e amigos a probar todas esas delicias gastronómicas. 

 

“A Fonsagrada, para sentila, naturalmente!”

CASA-CASTELAO_banner-definitivo-scaled-1
A FEIRA DO BUTELO EN IMAXES

CARTEIS

Tempo para hoxe

A Fonsagrada

Muy nuboso
4°C
Muy nuboso

Localización do evento

Teléfonos de interese

Concello+34 982 340 000

Garda Civil+34 982 340 004

Policía+34 982 340 025 / 092

Centro de Saúde+34 982 350 0065

Urxencias061     

Taxi+34 669 004 836

Farmacia 1+34 982 340 022

Farmacia 2+34 982 340 014

 

Cóntanos a túa opinión sobre este evento

0 0 votos
Valoración
0 Comentarios
Más antigos
Más recentes Más votados
Comentarios en liña
Ler todos os comentarios

Outras festas de Galicia que che poden gustar!

Se che gustan as Festas, es FESTIGALEIRO!

Rexístrate en Festigaleiros e crea a túa propia AXENDA FESTIGALEIRA.
Agrega os eventos á túa lista de favoritos e mantente informade@ en todo momento!

Este campo é para fins de validación e debe quedar sen cambiar.
Nombre(Obrigatorio)
Xénero
Indicador de fortaleza
Que tipo de festas interésanche?(Obrigatorio)
Que provincias interésanche?(Obrigatorio)