Filtrar
Provincia
Reiniciar
Categorías
Reiniciar
Etiqueta
Reiniciar
Localización
Reiniciar

CURRO DE SAN CIBRÁN

Categoría Rapa das Bestas de Galicia

0 0 votos
Pontevedra, Gondomar
00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg

28Xuño2026

28Xuño2026

00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg
28Xuño2026
28Xuño2026
Localidade
O Curro de San Cibrán, un pasillo humano para non perder a senda

Se hai un curro que se vive de maneira especial na Serra da Groba, ese é o Curro de San Cibrán, que se celebra cada ano en Donas, Gondomar.

Este curro é dos máis novos da zona, pero o que o fai realmente único —e digno de ver— é ese momento máxico no que os cabalos baixan dende a parada ata o curro guiados por un auténtico “pasillo humano”.

Si, como o escoitas! Os cabalos son guiados polos agarradores, polos propietarios e por toda a xente que se anima a participar nesta xornada, formando un pasillo con varas de madeira e bastóns. Así, ombro con ombro, van conducindo ás eguas, poldros e garañóns para que ningún se saia da senda.

Este “cordón humano”, como se adoita chamar, é un dos símbolos do Curro de San Cibrán. Non só amosa a organización e o traballo en equipo, senón tamén o afecto e o respecto por manter viva unha tradición que conecta ás persoas co monte e cos cabalos.

Dende primeira hora da mañá, coma nos demais curros, os besteiros adéntranse nos montes da Groba para xuntar as greas. Máis tarde chega o gran momento: a baixa polo “pasillo humano” dende o alto de Pedras Miúdas, cunhas vistas espectaculares do Val Miñor e un ambiente cheo de emoción.

Xa pola tarde, unha vez no curro, realízanse os traballos de sempre: marcaxe, separación de poldros, “rapa” (o corte das crinas), desparasitación… e, como non, a solta dos animais de novo ao monte.

O Curro de San Cibrán é unha experiencia comunitaria, unha mostra de tradición viva e unha desculpa perfecta para achegarse ao monte, aos cabalos e ás nosas raíces.

Entrada de balde.

CARTEIS

Tempo para hoxe

Gondomar

Algo de nubes
16°C
Algo de nubes

Localización do evento

Cóntanos a túa opinión sobre este evento

0 0 votos
Valoración
0 Comentarios
Más antigos
Más recentes Más votados

Outras festas de Galicia que che poden gustar!

Se che gustan as Festas, es FESTIGALEIRO!

Rexístrate en Festigaleiros e crea a túa propia AXENDA FESTIGALEIRA.
Agrega os eventos á túa lista de favoritos e mantente informade@ en todo momento!

Este campo é para fins de validación e debe quedar sen cambiar.
Nombre(Obrigatorio)
Xénero
Indicador de fortaleza
Que tipo de festas interésanche?(Obrigatorio)
Que provincias interésanche?(Obrigatorio)