SAN FROILÁN
Festa de Interese Turístico Nacional
ESTE SAN FROILÁN DESFRUTA DO MELLOR PULPO Á FEIRA
HISTORIA DE SAN FROILÁN
San Froilán celébrase por primeira vez no ano 1754 e como moitas outras festas nace dunha celebración relixiosa, neste caso da festividade do patrón da cidade de Lugo SAN FROILÁN, que se celebra o día 5 de Outubro.
Para a celebración do seu día grande, chegaban á cidade centos de vendedores que convertían Lugo nun gran mercado.
Podían atoparse postos de zocas, encaixes, cerámica, froitas, verduras, mel, aparellos de labranza, pans, doces, curandeiros, charlatans e como non, gando.
A venda de gando antigamente era un dos motores das feiras e a Feira de Gando de San Froilán era unha das máis importantes de Galicia.
Co paso dos anos e os grandes cambios sociais e económicos de cada época, a Feira de San Froilán foi transformándose ata converterse no que é hoxe en día, unha gran Festa.
As Festas de San Froilán son sinónimo de música
Ler máistradicional, de fogos artificiais, artesanía de galicia, barracas, noites de verbena, de concertos gratis e como non.. de polbo, moito polbo!
Sen ningunha dúbida as Casetas do Polbo instaladas no Feiral do Parque de Rosalía de Castro, onde se pode degustar o tradicional Polbo á Feira, son un dos maiores reclamos que busca o visitante de Lugo nestes días.
Os máis pequenos tamén teñen o seu espazo nestas festas, xa que ademais das atraccións infantís no Feiral, organízase todo un programa infantil chamado SAN FROILANCIÑO, o cal podedes descargar nesta páxina xunto co Programa da Festa.
Un dos días grandes da festa é o DOMINGO DÁS MOZAS, que se celebra o segundo domingo e está adicado á exaltación do traxe tradicional e do folclore galego. Este é un dos días máis concorridos das festas.
Convidámosvos a descubrir á Familia Pelúdez, infaltables nestes días. Eles representan á familia tradicional galega que vive no rural e desprázase a Lugo a comer o polbo e gozar do ambiente festivo da cidade.
As festas terminan o día 12 de outubro coa celebración durante todo o día da gran Feira Medieval que se instala nos arredores da Catedral, e pola noite cun gran espectáculo de Fogos artificiais que vos recomendamos desfrutar desde a Muralla Romana.
As multitudinarias festas de San Froilán son as máis fermosas do outono galego.
-Álvaro Cunqueiro.