Filtrar
Provincia
Reiniciar
Categorías
Reiniciar
Etiqueta
Reiniciar
Localización
Reiniciar

QUEIMA DAS FACHAS DE CASTELO

Festa de Interese Turístico de Galicia

0 0 votos
Lugo, Taboada
00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg

07Setembro2026

07Setembro2026

00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg
07Setembro2026
07Setembro2026
Localidade

Programa 2026

ORIXE DA QUEIMA DAS FACHAS DE CASTELO

A Queima das Fachas de Castelo – Taboada é toda unha festa do lume. Algo tan ancestral que non vas atopar en ningunha outra parte. Por iso está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia e como Ben de Interese Cultural, no apartado de patrimonio inmaterial.

Trátase dunha tradición milenaria de inicio incerto, xa que non se ten constancia escrita. E sobre a súa orixe non hai consenso: uns din que sería unha forma de comunicarse entre os antigos poboados castrexos, e outros o relacionan a rituais máxico-relixiosos celtas. 

Que é unha facha e en que consiste a Queima das Fachas?

O que se coñece nesta zona como facha, é noutras de Galicia un facho, fachuco, fachón, ou fachico.

A festa comeza un ou dous meses antes, cando as familias soben ao monte para colleitar os talos de miles de agucios (varitas de San Xosé). Despois póñense a secar. E cando están secas collen un longo pau de madeira, normalmente de piñeiro, de ata dez metros de altura, e ao redor del van atando as varitas. 

Todos queren facela alta e grosa para que sexa a que arda máis tempo.

A tarde do 7 de setembro sóbense as fachas ao Castro de Castelo e crávanse ben na terra en forma de círculo.

Á noitiña comeza a festa ao son das gaitas e ao sabor do polbo. Tras a enchenta e preto xa da medianoite, acéndense as fachas (unhas 30) por riba coma se fose un misto. 

É magnético ver como o lume descende aos poucos. Todo un espectáculo visible de lonxe. 

Cando se celebra?

A festa Queima das Fachas de Castelo no municipio de Taboada (Ribeira Sacra de Lugo) celébrase sempre na noite do 7 de setembro.

Por que tes que ir?

Porque é importante manter unha tradición milenaria galega que se traslada de xeración en xeración, na que cada membro da familia involúcrase xa desde pequeno.

Pero sobre todo, porque a Queima das Fachas de Castelo – Taboada é unha viaxe á cultura ancestral galega arredor do círculo de lume. Unha noite chea de luz, enerxía e troula.

CARTEIS

Tempo para hoxe

Taboada

Lluvia moderada
12°C
Lluvia moderada

Localización do evento

Teléfonos de interese

Concello: +34 982 465 301

Policía: +34 982 465 473 / 092

Centro de Saúde: +34 982 465 187

Urxencias: 061

RadioTaxi: +34 982 465 437

Farmacia 24h: +34 982 465 435

Sitios Oficiais

Cóntanos a túa opinión sobre este evento

0 0 votos
Valoración
0 Comentarios
Más antigos
Más recentes Más votados

Outras festas de Galicia que che poden gustar!

Se che gustan as Festas, es FESTIGALEIRO!

Rexístrate en Festigaleiros e crea a túa propia AXENDA FESTIGALEIRA.
Agrega os eventos á túa lista de favoritos e mantente informade@ en todo momento!

Este campo é para fins de validación e debe quedar sen cambiar.
Nombre(Obrigatorio)
Xénero
Indicador de fortaleza
Que tipo de festas interésanche?(Obrigatorio)
Que provincias interésanche?(Obrigatorio)