Visita Terra Chá e mergúllate nas súas tradicións e gastronomía a través das súas Festas, Feiras e Festivais. Abadín, Muras, Xermade, Guitiriz, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Riotorto, A Pastoriza e Vilalba, municipios que conforman un dos recunchos máis auténticos de Galicia.
Un territorio cun patrimonio inmaterial sorprendente, atractivo durante todo o ano, que ofrece moito máis que horizontes infinitos e paisaxes verdes. Invitámoste a descubrir Terra Chá, unha terra que soubo respectar o legado que o tempo e a natureza debuxaron na súa chaira, e que conserva no seu patrimonio, na súa xente e na súa cultura popular a esencia máis auténtica de Galicia.
Tradición gandeira, festas que manteñen viva a memoria colectiva, natureza en estado puro e unha identidade forte que converte cada recuncho nunha experiencia para sentir e compartir.
















