FOLIADA DA FONSAGRADA

FOLIADA DA FONSAGRADA

Festa Popular Recomendada

HISTORIA DA FOLIADA

¿Cándo se celebra a Foliada da Fonsagrada?

A Foliada celébrase anualmente a primeira fin de semana de decembro desde o ano 2015.  É un evento referente da cultura, a tradición e a música galega.

¿Por qué non a podes perder?

Non a podes perder se che vai a festa, a tradición e a cultura popular en estado puro!

O denominador común da Foliada da Fonsagrada é a música e o baile sen que falte o canto, o bon ambiente e as risas. É por iso que o evento estrela é o Concurso de Cantos de Taberna, no que diferentes grupos folclóricos que chegan de Galicia e Asturias recorren os bares da Fonsagrada, amenizando coa música e cantos tradicionais. As rúas énchense de pandeiretas, gaitas e ailalelos.

¿Qué máis te vas atopar na Foliada da Fonsagrada?

A Foliada da Fonsagrada é artesanía, cultura e tradición galega. Así que poderás desfrutar durante toda a fin de semana de:

  • Talleres de baile galego para nenos e adultos.
  • Mostra de Artesanía e Instrumentos.
  • Concertos.

Os de esta edición pódelos consultar aquí abaixo.

CONCERTOS FOLIADA FONSAGRADA 2023

Consulta os horarios no Programa
Deixa un comentario
Información do Evento