SACRA FESTIVAL
Sacra Festival é un festival que propón un diálogo entre as Artes e a Natureza nunha contorna privilexiada como é a Ribeira Sacra do Rio Miño.
Cada ano celébrase en espazos escénicos naturais como a Adega Vía Romana e a terraza de Lugar de Pincelo, este ano amplíase ao Pazo de Tor.
Unha parte importante do patrocinio do festival está adicado á formación artística, do mes de marzo ó mes de agosto, con destacados creadores tanto locais como nacionais.
Tanto o festival coma o proxecto Sacra Forma, adican as propostas non só ós adultos; unha parte importante da programación é o apartado de Artes para a infancia e adolescencia a través do proxecto A Pequena Bauhaus, unha fábrica de creación da marca deseñada por rapaces de 7 a 14 anos que traballaron con diferentes creadores na implantación dunha marca de deseño baseada na súa primeira colección, na escola da Bauhaus en Alemania.
Esta marca tamén estará presente á venta dentro do festival.
Este Festival é un encontro sostible, cultural e turístico para un número pequeno de público, xa que os espazos teñen aforos limitados.
Non quedes sen a túa entrada!!