Rompetiño 2025: moito máis ca música
Rompetiño volve cunha edición que vai máis alá dos concertos. Este ano, o festival reforza a súa aposta polo deporte e a cultura urbana cunha programación chea de acción: competicións de BMX, skate, breakdance e basket 3×3, ademais de exhibicións pensadas para todos os públicos. Un plan ideal para a mocidade, as familias e todas aquelas persoas que gozan coa emoción da rúa.
Como é habitual, non faltará o sabor a mar nin a cultura galega cunha gran sardiñada popular totalmente de balde para as persoas asistentes, creando un ambiente acolledor e festivo xunto ao océano.
Entre as novidades máis destacadas desta edición, Rompetiño presenta a súa primeira revista oficial: unha publicación gratuíta con entrevistas especiais, toda a programación ao detalle e protagonistas da escena urbana. Tamén se estrean o novo spot oficial e a camiseta exclusiva de Rompetiño 2025, unha peza que xa esperta paixón entre a comunidade festivaleira.