Volven as Olimpiadas Rurais a Friol!
Xa está aquí o evento máis esperado do ano no rural: tres días de xogos, risas e moita competición!
Diferentes equipos daranse cita en Friol para competir en 14 probas orixinais que combinan deporte e xogos tradicionais, e que poñerán a proba a habilidade, forza e destreza dos seus integrantes.
Mizos, tiradores, cucaña, zancos, lanzamento de adoquíns, carreira de sacos, tiro da corda… e moito máis!
Aquí non hai medallas de ouro, hai ganas de pasalo en grande!
Vén coa túa familia, cos teus amigos ou co teu equipo e goza do mellor ambiente, da música e da gastronomía pero, sobre todo, do bo rollo e da tradición.