Filtrar
Provincia
Reiniciar
Categorías
Reiniciar
Etiqueta
Reiniciar
Localización
Reiniciar

FOLIÓN DE CARROS

Festa de Interese Turístico de Galicia

0 0 votos
Lugo, Chantada
00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg

22Agosto2026

00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg
22Agosto2026
Localidade

HISTORIA DO FOLIÓN DE CARROS

O Folión de Carros de Chantada é unha festa única polo seu valor etnográfico. De feito, está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2002 e Ben de Interese Cultural desde o 2018.

O máis destacable desta festa é a alegría, o humor e o orgullo coa que os seus veciños mostran as súas orixes e cultura popular.

Non está claro a orixe da festa. Uns din que comeza na Idade Media cando os gremios percorrían a localidade sobre o seu propio carro. Pero en realidade o primeiro folión do que se ten constancia é de 1927. 

Non se deixou de celebrar ningún ano, excepto os da Guerra Civil e posguerra. Restituíndose en 1949. E xa en 1969 introducíronse as plataformas de ferro.

Que é o Folión de Carros?

É un desfile de carros tirados por xugadas de bois e vacas no que se escenifican traballos agrícolas (malla, sementeira, vendima…), oficios

tradicionais (molineros, panadeiros, zoqueiros, canteiros, carpinteiros, ferreiros, hilanderas…), celebracións festivas (baile da vela, romaría do Santo Lucas, romaría do Faro…), actividades comerciais e produtivas (feiras, fábricas, chocolate, café…) ou varias en conxunto.

As cuadrillas, de amigos e familiares, crean os carros. Os “carroceiros” e todo o pobo de Chantada fan o Folión.

Os mozos implícanse a idades moi temperás. É unha forma de que descubran as súas orixes, primeiro buscando as historias e os utensilios e despois construíndo o carro e vivindo as escenas o propio día do Folión.

Cando se celebra o Folión de Carros?

Na noite do sábado anterior ao cuarto domingo de agosto, coincidindo coas festas patronais de Chantada. 

Por que non cho podes perder?

Ademais de gozar das distintas escenas da vida cotiá de outrora, escoitarás o estridente “canto” dos carros. Unha volta ao pasado en directo, participativo e con moita xolda. Poderás ver un taller de ferrería, un obradoiro de pan ou unha vella cantina, e ver aos participantes lucindo as vestiduras típicas do oficio e época.

E que non falten os gaiteiros, a música e o baile tradicional galego, os xogos populares, nin as demostracións de artesanía.

O futuro dos pobos está en non perder as orixes, por iso é unha festa que tes que descubrir. Como escribe Rafa Lobelle:

“Se non houbese Folión, ao fin, seríamos todas e todos algo menos orgullosos de ser de Chantada. Por iso nos chama cada ano a finais de Agosto, para lembrarnos esta cita obrigada e convencernos de que non temos porque escapar do que fomos. Celebremos, cantemos ao son do carro un himno de irmandade. Viva o Folión”.

CARTEIS

Tempo para hoxe

Chantada

Muy nuboso
18°C
Muy nuboso

Localización do evento

Teléfonos de interese

Concello+34 982 440 011

Policía+34 657 063 779

Centro de Saúde+34 982 441 812

Urxencias061

RadioTaxi+34 982 440 512

Farmacia 24h+34 982 440 932

Sitios Oficiais

Cóntanos a túa opinión sobre este evento

0 0 votos
Valoración
0 Comentarios
Más antigos
Más recentes Más votados
Comentarios en liña
Ler todos os comentarios

Outras festas de Galicia que che poden gustar!

Se che gustan as Festas, es FESTIGALEIRO!

Rexístrate en Festigaleiros e crea a túa propia AXENDA FESTIGALEIRA.
Agrega os eventos á túa lista de favoritos e mantente informade@ en todo momento!

Este campo é para fins de validación e debe quedar sen cambiar.
Nombre(Obrigatorio)
Xénero
Indicador de fortaleza
Que tipo de festas interésanche?(Obrigatorio)
Que provincias interésanche?(Obrigatorio)