Filtrar
Provincia
Reiniciar
Categorías
Reiniciar
Etiqueta
Reiniciar
Localización
Reiniciar
00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg

25Abril2026

00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg
25Abril2026
Localidade
HISTORIA DA FOLIADA

A Foliada de Melide comezou en maio de 2005 cando a Asociación Cultural O Castelo organiza en Melide unha reunión festiva con distintos grupos e asociacións folclóricas da contorna. Ao ano seguinte volve celebrala coa colaboración do concello de Melide. E durante o último domingo de abril sucédense na vila diferentes actividades: ruadas, mostra de artesanía, exposicións, conferencias, obradoiros, actuacións e concerto.

É en 2009 cando amplía a súa duración aos dous días da fin de semana, incorporando o concurso de cantos de taberna.

Cando se celebra a Foliada de Melide?

A Foliada de Melide celébrase anualmente a última fin de semana de abril.

Por que non cha podes perder?

Non cha podes perder se che vai a festa. Porque foliada é sinónimo de festa, que é o que nos gusta en Galicia, e quizá por iso temos tantas palabras relacionadas: folía, algueirada, carallada, chola, esmorga, gandaina, pándega, rexouba, riola, ruada, troula, trouleo, xolda.

O denominador común da Foliada de Melide é pasalo ben, sen que falten a música, o canto e as risas. E por iso o evento estrela é o Concurso de Cantos de Taberna, no que grupos folclóricos de toda Galicia percorren a zona dos viños de Melide, amenizando coa súa música e cantos tradicionais a mañá e tarde do sábado. As rúas énchense de sons de pandeiretas, gaitas e ailalelos.

Que máis che vas a atopar na Foliada de Melide?

A Foliada de Melide é moito máis, é enxalzar a artesanía, cultura e tradición galega. Así que poderás gozar durante toda a fin de semana de: obradoiros de baile galego para nenos e adultos, mostra de artesanía e instrumentos, xigantes e cabezudos, sesión vermú, orquestra, xogos populares, exhibición de baile tradicional e concertos, como o da edición do 2022 na que estiveron as Tanxugueiras.

En resumo, bo ambiente, música polas rúas e bares, e moita, moita foliada.

“Quedei namorada”, é o que dirás ti ao ir por primeira vez.

Así que colle a túa pandeireta e garda a data na túa axenda festigaleira, porque a Foliada de Melide é para festigaleiros de pura cepa.

A FOLIADA EN IMÁXES

CARTEIS

Tempo para hoxe

Melide

Nubes
9°C
Nubes

Localización do evento

Teléfonos de interese

Concello: +34 981 505 003

Policía:+34 610 673 767

Centro de Saúde: +34 981 81 54 83

Urxencias: 112

Garda Civil: +34 981 50 50 07

Parada Taxi: +34 981 505 390

Farmacia: +34 881 976 604 / 981 505 078

Sitios Oficiais

Cóntanos a túa opinión sobre este evento

0 0 votos
Valoración
0 Comentarios
Más antigos
Más recentes Más votados
Comentarios en liña
Ler todos os comentarios

Outras festas de Galicia que che poden gustar!

Se che gustan as Festas, es FESTIGALEIRO!

Rexístrate en Festigaleiros e crea a túa propia AXENDA FESTIGALEIRA.
Agrega os eventos á túa lista de favoritos e mantente informade@ en todo momento!

Este campo é para fins de validación e debe quedar sen cambiar.
Nombre(Obrigatorio)
Xénero
Indicador de fortaleza
Que tipo de festas interésanche?(Obrigatorio)
Que provincias interésanche?(Obrigatorio)