Filtrar
Provincia
Reiniciar
Categorías
Reiniciar
Etiqueta
Reiniciar
Localización
Reiniciar

FESTA DO PULPO O CARBALLIÑO

Festa de Interese Turístico Internacional

0 0 votos
Ourense, O Carballiño
00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg

08Agosto2026

09Agosto2026

00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg
08Agosto2026
09Agosto2026
Localidade

Descubramos unha das festas gastronómicas galegas máis atractivas… E que foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional en 2022, ano no que se cumpren 60 anos.

BANNER PIMENTÓN DE LA VERA, GALL-FESTIGALEIROS

HISTORIA DA FESTA DO PULPO O CARBALLIÑO

Todo comeza en 1962 cando un grupo de veciños decide render homenaxe ao pulpo á Feira cunha romaría. Pero a historia de por que é tan famoso o pulpo á feira do Carballiño comeza moito antes.

Por que O Carballiño é a capital mundial do pulpo estando a case 100 quilómetros do mar?

O pulpo galego ten as súas orixes no século XII, na Idade Media. 

O novo soldado Diego Arias recibiu o coto de Marín e cando faleceu a súa muller decidiu facerse monxe no Mosteiro de Oseira (Ourense) e deixa en herdanza o coto de Marín.

O pulpo convértese no pago comercial que realizaba a xente de Marín aos monxes.

Os arrieros da comarca do Carballiño transportábano en carros pola zona. E como había moito, os monxes repartíano entre os fregueses, que se encargaban de limpar e secar o pulpo antes de vendelo. 

Partindo dunha feira mensual, que ata entón se viña celebrando en Cea, no século XVII os frades trasladárona ás terras do Mosteiro, instalándose nas beiras do camiño real en Partovía contribuíndo á formación do actual Carballiño. Desta forma crearon un espazo feiral de importante comercio no que se desenvolveu o oficio de pulpeiras e pulpeiros.

Co tempo foise popularizando en todas as feiras, e por iso ao pulpo á galega chámaselle pulpo á feira.

Cando se celebra a Festa do pulpo do Carballiño?

A Festa do pulpo do Carballiño celébrase o segundo domingo de agosto no Parque Municipal do Carballiño (Ourense). O martes anterior ten lugar o evento A tapa de pulpo máis grande do mundo.

A tapa de pulpo máis grande do mundo

Cada ano, desde 2010, O Carballiño trata de superar o seu propio Récord Guinness da tapa de pulpo máis grande do mundo. En 2022 volveron superar o seu récord: 515 quilos de pulpo cortados en 11 minutos nun prato de 5,37 metros de diámetro.

A última hora da tarde do martes previo á festa do pulpo as pulpeiras e os pulpeiros comezan a cortar o pulpo, todo un espectáculo ver como se manexan con cefalópodo. E despois repárteno entre os asistentes por un módico prezo popular que tamén inclúe pan de Cea, viño do Ribeiro e sobremesa.

Por que tes que ir á Festa do pulpo do Carballiño?

Porque é unha auténtica romaría galega na que, ademais de saborear esta delicia da gastronomía galega, poderás gozar de distintas actividades, concertos, folclore, bailes, pasacalles e produtos artesanais. Todo iso nun gran espazo natural bañado polo río Arenteiro e á sombra de máis de 140 especies botánicas diferentes.

Tamén podes aproveitar o resto de días para facer algo de turismo visitando o templo da Veracruz, o parque etnográfico ou algún dos balnearios da vila.

Pero sobre todo porque por moito que che conten a receita do pulpo á galega nunca sabe igual que o dunha auténtica pulpeira. A diferenza de sabor e de textura vale a pena, e a única maneira de comprobalo é achegarche ao Carballiño e descubrir en directo por que O Carballiño é a capital do pulpo.

CARTEIS

Tempo para hoxe

O Carballiño

Cielo claro
12°C
Cielo claro

Localización do evento

Teléfonos de interese

Concello: +34 988 530 007

Policía: +34 988 530 006 / 092

Centro de Saúde: +34 988 271 816

Urxencias: 061

Estación de Autobuses: +34 988 270 812

Estación de Tren: +34 912 320 320

RadioTaxi: +34 988 270 007

Farmacia 24h: +34 988 274 397

Sitios Oficiais

Cóntanos a túa opinión sobre este evento

0 0 votos
Valoración
0 Comentarios
Más antigos
Más recentes Más votados

Outras festas de Galicia que che poden gustar!

Se che gustan as Festas, es FESTIGALEIRO!

Rexístrate en Festigaleiros e crea a túa propia AXENDA FESTIGALEIRA.
Agrega os eventos á túa lista de favoritos e mantente informade@ en todo momento!

Este campo é para fins de validación e debe quedar sen cambiar.
Nombre(Obrigatorio)
Xénero
Indicador de fortaleza
Que tipo de festas interésanche?(Obrigatorio)
Que provincias interésanche?(Obrigatorio)