Festival VIBO MASK

Festival VIBO MASK

Festival Internacional Mascarada Ibérica

QUE É O VIBO MASK?

O Vibo Mask é un evento cultural no que se congregan as máis espectaculares Máscaras de Entroido (Carnaval) das 4 provincias galegas, pero tamén de Asturias, Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha, País Vasco e Portugal. Todas desfilan polas rúas para enxalzar o tradicional e que os visitantes e medios de comunicación poidan gozar dun espectáculo de gran poder visual, sonoro e emocional.

Son dous días de pura festa!

En Viana do Bolo, o sádado e en Vilariño de Conso o domingo, dúas localidades do sur de Ourense separadas tan só por 10 quilómetros. Pero ás que lles une o amor polas tradicionais máscaras de entroido, do mesmo xeito que ao resto de participantes.

Resumindo, é a maior concentración de mascaradas de toda a península ibérica.

Leer más

Cal é a orixe de ViBoMask?

ViBoMask nace en 2015 da unión de 16 comunidades portadoras de diferentes mascaradas da península ibérica. Foi crecendo tanto en interese do público e medios como en participantes ata chegar a máis de 50. O nome ViBoMask quere concentrar a esencia de cada Mask (máscara) e das dúas localidades organizadoras: Vilariño de Conso e Viana do Bolo. 

Que é unha máscara de entroido?

Neste contexto unha máscara de entroido é unha peza de artesanía feita de madeira e pintada, na que adoitan resaltarse cellas, fazulas, bigote e un amplo sorriso. Compleméntanse con traxes tradicionais, todo iso relacionado co mundo agrario e a vida rural. Son de orixe ancestral, precristiano. Algúns expertos sinalan que non é exactamente o mesmo que o entroido, pero as coincidencias son notables.

Cando se celebra e por que tes que ir ao Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask?

ViBoMask celébrase tras o Entroido. A visita é case obrigatoria polo seu gran valor etnográfico e multicultural, o que se traslada non só nos desfiles senón en talleres, charlas e encontros con artesáns de máscaras. É un gran entroido ibérico, de proxección internacional.

Que máis che vas a atopar na Festa?

Ademais de todo iso poderás descubrir a artesanía e a gastronomía da zona nun mercado de produtos típicos. Sen que falte a sesión vermú. E a música e baile tradicional tamén está asegurado coas charangas que percorren as rúas e bares, actuacións de grupos de música  galegos. Mesmo che envolverá o atronador e característico son de “chocas”. 

 

É a oportunidade perfecta para coñecer a riqueza das diversas máscaras e velas en acción nos desfiles, e gozar do que as une e diferenza.

Peliqueiros, Cigarrones, Madamas, Follateiros, Merdeiros Hai nomes e mofas para todos os gustos. 

Máscaras ao poder! Espéranche coa “monca” preparada…

Información do Evento