FESTAS DE VERÁN DE RÁBADE

FESTAS DE VERÁN DE RÁBADE

HISTORIA DAS FESTAS DE RÁBADE

As Festas de Verán de Rábade celébranse durante varios días no mes de agosto con motivo da nosa Señora da Asunción. Aínda que non son as festas patronais, os veciños e veciñas de Rábade involúcranse ao máximo, e fan sentir ao turista coma un máis da vila

Que vas atopar nas festas de verán de Rábade?

Música para todos os gustos: orquestras, folk, bandas municipais, foliada, discoteca móbil…

Actividades para todas as idades: verbena, xogos infantís, sesión vermú, comida campestre, dianas, alboradas, misas, fogos artificiais, cabezudos, competicións deportivas e actividades infantís.

Ler máis

O Día da Bicicleta, que consiste nun percorrido en bicicleta que remata cun sorteo de agasallos e unha degustación de chocolate con churros (para repoñer as forzas perdidas…).

O Subidón dos avós,  unha iniciativa que gustou moito xa desde a primeira edición en 2018. Os avós e avoas fabrican os seus propios carriños e carretas sen motor, engalánanos e condúcenos por Rábade cos seus netos. Enxeño e bo humor, pero sobre todo, unha forma de conectar  ese amor tan grande entre dúas xeracións. O importante é pasalo ben, así que, ademais dos premios, todos levan un agasallo para casa.

E por suposto, dentro das festas de verán de Rábade o Rabafolc e a Esbatuxada merecen especial atención…

Que é o Rabafolc das festas de Rábade? 

Rabafolc é o festival de música folk que fai vibrar Rábade durante unha xornada. Xa se cumpren 25 edicións, o que di moito desta iniciativa. Gozarás dos sons tradicionais e ritmos innovadores de artistas destacados da escena galega.

Que é a Esbatuxada das festas Rábade?

A Esbatuxada de Rábade é unha mestura entre as carrilanas de Esteiro, os Caneiros de Betanzos e o Entroido.  Nenos, adolescentes e adultos descenden polo Miño con embarcacións caseiras de todo tipo: ambulancia, barco pirata, Torre Eiffel, ata unha barra de bar…

Unha celebración onde se unen a imaxinación e a festa coa retranca das mensaxes e disfraces. A auga que non falte nin por abaixo nin por arriba. Se vas, terminarás mollado… As risas: aseguradas!

Os menos atrevidos poderán gozar do espectáculo desde a bela ponte medieval de pedra.

Que pasa o Día da Descarga das festas de Rábade?

O ruído, o fume e o cheiro a pólvora despiden ao grande as festas de verán de Rábade.

Ven en agosto a vivir as festas de Rábade. Os teus amigos agradeceranche que lles descubriras esta divertida proposta!

Información do Evento