HISTORIA DA FESTA DO POLBO EN XOVE
“A Festa do Polbo de Xove”, realízase desde 2004 na localidade luguesa durante o Xoves Santo, cando bares e restaurantes de Xove dedican a xornada para preparar diferentes receitas co apreciado polbo.
Este cefalópodo é de pesqueira tradicional dos portos de Morás e Portocelo, así como doutros peiraos de baixura da Mariña Lucense. A actividade mantense durante case dez meses, pero o polbo da pedra, a especialidade desta festa, non se comercializa ata os meses de marzo e abril.
Este polbo captúrase de maneira tradicional en augas próximas á costa, onde se alimenta a base de peixe e mariscos, o que o fai moito máis delicioso. O polbo da pedra ten unhas características peculiares: é máis escuro, con tentáculos máis longos e a cabeza máis pequena. Todas estas particularidades fan deste produto do mar unha delicia.
Por isto e moito máis tes que probar o polbo que se prepara en Xove, xa sexa o tradicional polbo á feira ou en elaboracións máis innovadoras, por exemplo a pizza de polbo… atréveste a probalo?

















