HISTORIA DO CALDO DE ÓSOS
Desde vai máis de 30 anos leva celebrandose a Festa do Caldo de Ósos en Taboada (Lugo). Unha festa gastronómica que involucra a todos os veciños e establecementos hostaleiros e que cada vez atrae a máis persoas.
Cando se celebra a Festa do Caldo de Ósos de Taboada?
O domingo de Entroido, coincidindo con datas posteriores á matanza do porco.
Por que non che podes perder a Feira do caldo de Ósos de Taboada?
Porque é no único lugar onde poderás saborear esta especialidade de caldo que se prepara con gran agarimo e paciencia desde hai tantos anos. E, por suposto, porque poderás degustalo gratis nunhas cuncas tradicionais nun ambiente festivo.
Receita do caldo de ósos de Taboada
Receita que tradicionalmente se preparaba no segundo día da matanza. A base son uns bos
ósos de espinazo de porco (soá) frescos, garavanzos (a remollo 24 horas) e patacas. Todo cocido a lume lento. En cada casa danlle o seu toque, algunhas fan un sofritido con aceite, allo e pemento doce ou picante, e noutras lle engaden miolos. Unha receita familiar que se fixo famosa, cociñada con moito agarimo desde hai tantos anos.
Que máis che vas a atopar?
Durante a xornada do domingo hai outras actividades como exhibicións, exposicións, showcooking, actuacións de grupos de baile e música tradicionais, DJ e orquestra.
O día anterior, o sábado, non te perdas o Ruta Osovinícola. Un percorrido festivo e por cuadrillas que van animando os locais de hostalería de Taboada.
No recinto atoparás postos con gran variedade de produtos galegos de primeira, sobre todo de porco, pero tamén viños e queixos da zona.
Ademais da degustación gratuíta de caldo de ósos ofrecida polos hostaleiros locais na carpa principal, tamén poderás comer nos distintos restaurantes. Neles atoparás un menú composto por caldo de ósos, costela asada, veu e de sobremesa queixo con mel e onde non faltan as filloas, tamén as de sangue (típicas da matanza).
Terá un serio competidor o Caldo galego co Caldo de ósos? A única maneira de descubrilo é achegarche o domingo de entroidos a Taboada.
RESERVA O TEU “CALDO DE ÓSOS” EN CALQUERA DESTES RESTAURANTES
























