Filtrar
Provincia
Reiniciar
Categorías
Reiniciar
Etiqueta
Reiniciar
Localización
Reiniciar

FEIRA DE SANTOS DE MONTERROSO

Festa de Interese Turístico de Galicia

0 0 votos
Lugo, Monterroso
00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg

01Novembro2026

01Novembro2026

00
Días
00
Horas
00
Min
00
Seg
01Novembro2026
01Novembro2026
Localidade

HISTORIA DA FEIRA DE SANTOS

A Feira de Santos de Monterroso é o evento social e económico do rural galego. Ten lugar  o día 1 de novembro, día de todos os Santos, na vila de Monterroso.

Esta gran Feira, declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2011,  celébrase desde hai máis de 830 anos, segundo a documentación conservada.

A vila de Monterroso sitúase hoxe nunha antiga encrucillada de camiños que confluían desde diferentes puntos das costas galegas e dirixíanse cara a Astorga, Zamora ou Portugal. Isto motivou que nese punto xeográfico xurdira un comercio espontáneo cun gran poder de convocatoria, onde chegaban comerciantes, tratantes e xentes de toda a península.

As Feiras de Monterroso non pasaron en balde para os ulloanes e as ulloanas. Moitos deles deixaron os seus lugares de orixe para achegarse aos arredores dos campos da feira monterrosina e construír alí unha casa, para beneficiarse dos fluxos económicos da contorna durante varios días ao mes.

Isto ocorreu principalmente a principios de século XX dando lugar ao nacemento da actual vila do municipio que deixou de ser san Miguel de Esporiz para converterse en San Miguel de Monterroso, a vila de Monterroso tal e como hoxe a coñecemos.

Que vou atopar na Feira de Santos?

A Feira de Santos celébrase por toda a vila de Monterroso, aínda que as zonas de venda de produtos están ben diferenciadas.

Na Cúpula poderás comprar todo tipo de queixos da Ulloa, panes e produtos caseiros. Paseando pola rúa principal, atoparás postos de venda de produtos de tempada e da horta: castañas, verduras, mel, carnes, doces típicos…

Se te achegas ao Fornelo da Música os comerciantes que alí se dan cita ofreceranche todo tipo de sementes, ata as máis raras que che poidas imaxinar!!

Pasea polo mercado de artesanía e de roupa. Visita a feira de gando, que está situada á entrada da vila, é unha das máis importantes da península.

E como non, goza do máis rico Polbo á Feira, xa que máis dun centenar de pulpeiras de toda Galicia danse cita na feira de Monterroso.

E todo isto acompañado da música tradicional das Asociacións de Monterroso, e do bo ambiente que ofrecen as súas xentes.

A Feira de Santos é, sen dúbida, unha parada obrigada dentro do calendario de Festas de Galicia, para calquera amante da cultura popular galega.

<< se ti viras ou que eu vin
alá arriba en Monterroso;
vintecinco xastres xuntos,
a cabalo dun raposo>>

(canción popular)

A FEIRA DE SANTOS EN IMAXES

CARTEIS

Tempo para hoxe

Monterroso

Nubes
13°C
Nubes

Localización do evento

Teléfonos de interese

Concello: +34 982 377 001

Garda Civil: +34 982 377 003

Centro de Saúde: +34 982 377 759

Urxencias: 061

Estación de Autobuses: +34 982 377 530

Oficina Turismo: +34 982 377 814

Parada Taxi: +34 982 377 411

Farmacia Consuelo Vilariño: +34 982 377 177

Farmacia Mª José Pereiras: +34 982 377 507

Cóntanos a túa opinión sobre este evento

0 0 votos
Valoración
0 Comentarios
Más antigos
Más recentes Más votados

Outras festas de Galicia que che poden gustar!

Se che gustan as Festas, es FESTIGALEIRO!

Rexístrate en Festigaleiros e crea a túa propia AXENDA FESTIGALEIRA.
Agrega os eventos á túa lista de favoritos e mantente informade@ en todo momento!

Este campo é para fins de validación e debe quedar sen cambiar.
Nombre(Obrigatorio)
Xénero
Indicador de fortaleza
Que tipo de festas interésanche?(Obrigatorio)
Que provincias interésanche?(Obrigatorio)