ENTROIDO VILARIÑO DE CONSO

ENTROIDO VILARIÑO DE CONSO

Festa de Interese Turístico de Galicia

HISTORIA DO ENTROIDO

Entroido de Vilariño de Conso celébrase a fin de semana anterior ao martes de entroido, e é un dos mellores entroidos tradicionais galegos, tes que vivilo!

Os  Boteiros e  o  Fulión é o máis representativo e impactante do  Entroido do macizo central galego, é único.

Fulión é unha agrupación de xente de todas as idades e dun mesmo pobo, que saen ás rúas para tocar utilizando como instrumentos, bombos, cornos, sachos e  guadañas.

Cada pobo ou aldea ten o seu propio son, que vai pasando de xeración en xeración desde fai centos de anos. É un símbolo, é a súa forma de identificarse, non hai dous sons iguais.

O  Fulión diríxeo O  Boteiro que é o personaxe máis importante e representativo do  Entroido.

Ler máis

O  Boteiro é un danzante que vai abrindo paso ao  Fulión, polas rúas do pobo. O traxe deste personaxe leva un curioso cinto de  esquilas, que co seu son avisan da súa presenza.

Aínda que a peza máis característica do  Boteiro é a súa enorme máscara, diferente en cada pobo ou aldea, pero sempre rechamantes e cheas de cor.  Tamén leva nunha das súas mans un pau de madeira chamado ” monca“, co que se axuda nos seus saltos e piruetas mentres danza.

Todo un espectáculo digno de gozar!!!

A Gastronomía de Vilariño de Conso 

Ademais de gozar do  Entroido, tamén poderás desfrutar da Festa do Cabrito, unha festa gastronómica popular que celebra nestos mesmos días para exaltar este produto da zona. Pincha aquí e descúbrea!

Ah!! E non te vaias sen probar o  Montonico de Vilariño de Conso. Un doce elaborado de maneira artesanal, a base de capas de milfollas bañadas en doce de leite e cubertas con merengue tostado. Boísimo!

Xa ves que ir a Vilariño de Conso é un dos mellores plans de Entroido de Galicia!!

CARTEL ENTROIDO VILARIÑO DE CONSO-2024

O ENTROIDO DE VILARIÑO DE CONSO EN IMAXES

Información do Evento