CURRO DE TORROÑA
O Curro de Torroña celébrase a primeira fin de semana de xuño na parroquia de Burgueira, no concello de Oia, e forma parte da tradicional Rapa das Bestas de Galicia. É unha festa moi enraizada na zona, onde se mesturan natureza, tradición e emoción.
Desde primeira hora da mañá, os veciños e gandeiros soben ao monte para xuntar os cabalos salvaxes que viven en liberdade na Serra da Groba. Despois condúcennos ata o curro, un recinto de pedra onde, xa pola tarde, ten lugar o momento máis agardado: a Rapa.
Os aloitadores inmobilizan os cabalos a man ou con lazo, córtanselles as crinas, desparasítanse e márcanse os poldros cun chip de identificación.
Ademais do impresionante que é ver todo este proceso, o ambiente é moi festivo e familiar. Moita xente achégase para gozar do día, da tradición e da contorna.
Hai postos de comida, así que non dubides en ir pasar o día e desfrutar dunha tradición auténticamente galega.